As accións de MDM estarán orientadas a incidir no Goberno español tanto con relación ás súas políticas públicas como ao seu papel na toma de decisións na UE e noutros ámbitos internacionais.
• O cumprimento, e, se for necesario, ampliación, por parte do Goberno español dos compromisos de relocalización e reasentamento das persoas refuxiadas.
• Garantir vías de acceso ao territorio europeo e ao dereito de asilo que sexan legais e seguras.
• Os estados europeos garanten as condicións adecuadas de recepción da persoas emigrantes e solicitantes de asilo (aloxamento, hixiene, saúde, acceso á información, etc.) de acordo coas normas de resposta humanitaria.
• A protección das persoas en situación de maior vulnerabilidade, como menores de idade, mulleres soas, persoas que viaxen con nenos/as ou soas, persoas con diversidade funcional, doentes, etc.
• Os acordos de Estados da UE con terceiros países non deben incluír cláusulas contrarias aos Dereitos Humanos nin á Protección Internacional de persoas emigrantes e refuxiadas.
• Ningunha persoa debe ser sometida a trato ou castigo inhumano ou degradante: protección das persoas estranxeiras seriamente doentes,
• A revisión do Sistema Europeo de Asilo e Refuxio que a EU está a levar a cabo non significará un retroceso dos estándares internacionais de dereitos humanos.
• Garantir o respecto polos dereitos humanos e polo acceso á protección internacional na fronteira sur (Melilla)
• Políticas europeas que garanten o debido cumprimento dos dereitos das persoas refuxiadas e emigrantes: sistemas de saúde públicos e universais, baseados na solidariedade e na igualdade, abertos a toda persoa que viva na UE.
• Os programas de relocalización de persoas refuxiadas e as melloras dos programas de acollida español/europeo non deben recorrer a unha diminución do financiamento da cooperación internacional ou da axuda humanitaria.